Unha ollada AFondo ao sector do mar

O conflito do cerco puxo no primeiro plano da axenda política e mediática as consecuencias da falta de soberanía sobre os recursos e sectores estratéxicos de Galiza. O noso país non conta con capacidade de decisión nos asuntos que lle atinxen en materia de pesca --tampouco no agro ou o naval. Face esta situación, focamos a ollada nas xentes do mar. Mércao na nosa loxa. 

Capa_A_Fondo_SG89

Galiza é unha nación pesqueira. Do cómputo total de empregos que xera este sector no Estado español, o noso país representa o 52% e o 15% se falamos do conxunto de Estados membros da UE. Máis do que Alemaña, Bélxica, Finlandia, Grecia e Suecia xuntas. 

Malia todo, Galiza non pode decidir sobre os seus recursos pesqueiros como si fan outros territorios autónomos, véxase as Illas Feroe e Groenlandia a respeito do Reino de Dinamarca. Esta realidade leva a que a fixación de cotas, os acordos con terceiros países ou as medidas que compoñen a Política Pesqueira Común (PPC) non respondan aos intereses da frota galega, como ficou reflectido no conflito do cerco. 

Galiza representa o 52% do emprego no sector pesqueiro de todo o Estado e o 15% da UE mais non pode decidir directamente sobre os seus recursos 

Os enfrontamentos entre a policía española e os mariñeiros do cerco cando estes se manifestaron a prol dun outro reparto das cotas de xarda e xurelo, evidenciou que a falta de soberanía política sobre sectores estratéxicos supón as máis das veces un problema para o noso país. Con esta ollada de fondo, esta semana revisamos polo miúdo o mar, un recurso fulcral para Galiza. 

Da man de representantes dos distintos sectores e artes debruzámonos sobre as problemáticas do sector mais tamén pomos riba da mesa algunhas das alternativas que visan desenvolver un outro modelo de xestión dos recusos máis sustentábel e auto-xestionado. 

O mexillón, as mariscadoras, a pesca artesanal ou a política pesqueira da UE son dos asuntos que centran este AFondo no que contamos coa sinatura do portavoz de Pesca do BNG, Daniel Rodas; a presidenta de Agamar, Natalia Laíño; o esconomista da USC, Sebastián Villasante ou o antropólogo social Antonio Gómez. Aliás, botamos a ollada ao mar de Carnota e a área co-xestionada dos Miñarzos tamén coñecida como reserva mariña Mar de Lira, un espazo en que os mariñeiros marcan as normas na xestión dos seus recursos. 

Xa podes mercalo por 0,50€ na nosa loxa. 

Comentarios