O partido de Chávez arrasa nas eleccións ás gobernacións en Venezuela mália a súa ausencia

Por vez primeira en catorce anos, Hugo Chávez recibe os resultados electorais fóra do seu pais. Desde a súa estancia en Cuba, onde se recupera dunha nova operación cirúrxica celebraría a indiscutíbl vitoria do seu Partido Socialista Unido de Venezuela que se fixo con 20 das 23 gobernacións do país, gobernando en catro estados máis dos que o facía até estas eleccións.
Hugo Chávez celebra a vitoria desde o Balcón do Pobo de Miraflores
photo_camera Hugo Chávez celebra a vitoria desde o Balcón do Pobo de Miraflores

O Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) ven de conseguir un indiscutíbel trunfo nas eleccións celebradas o domingo día 16 en Venezua. O partido de Chávez gañou en 20 das 23 gobernacións do país fronte ao partido de Caprile que gañou no estado de Miranda.

O partido de Chávez consigue vencer tamén no territorio petroleiro de Zulia, ámbito habitual da dereita, e gobernada até agora polo´líder de Un Nuevo Tempo. O PSUV gaña de igual maneira noutras rexións que até agora non gobernaba como o estado Táchira, fronteira con Colombia, Nova Esparta, do que fai parte a Illa de Margarita, ou Carabobo, no centro do país.

Bolívar, Apure, Barinas, Cojedes, Delta Amacuro, Falcón, Guarico, Mérida, Monagas, Portuguesa, Sucre, Trujillo, Vargas, Yaracuy ou Anzoágueti viviron tamén trunfos do PSUV que perde, sen embargo, o estado de Miranda, o que inclúe a capital Caracas que pasa a ser gobernado polo partido do ex candidato presidencial Capriles. Con este trunfo, Capriles reforza a súa posición como posíbel opositor para o partido de Chávez. Lara e Amazonas son os outros dous estados nos que o PSUV non acadou o trunfo.

O índice de participación  foi dun 53,94 %. O partido de Chávez consegue gobernar en catro estados máis do que o estaba a facer xa que antes das eleccións celebradas onte, presidía 16 dos 23 estados.

Comentarios