O concello de Pontevedra concederá axudas ás e aos afectad@s polas preferentes

O goberno local que dirixe o nacionalista Fernández Lores (BNG) aprobará no pleno da terza feira unha subvención para que “fagan fronte os gastos das mobilizacións”

Lores
photo_camera Lores

Após converterse na primeira capital de provincia que amosou a súa repulsa ante a estafa das preferentes retirando tres contas correntes de Novagalicia Banco, o concello de Pontevedra volve tomar a iniciativa na solidariedade cos e coas afectad@s polo calote bancario e logo de ter suspendido o último Pleno municipal atendendo á demanda d@s manifestantes, agora o goberno municipal que encabeza Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG, anuncia que outorgará axudas económicas á plataforma de afectad@s de Pontevedra-Marín “para que poidan facer fronte aos gastos das mobilizacións”.

O goberno municipal incluíu este punto na orde do día tras unha modificación do mesmo, ao considerar que se trata dun asunto “urxente”. E non o é menos o recurso presentado polo Goberno central contra outra medida tomada polo concello pontevedrés como foi a de manter a paga extra do seu persoal malia a eliminación que impuxo o Executivo de Rajoy.

Pontevedra foi o único concello galego denunciado por este acto de insubmisión contra os recortes, co que semella que o Goberno central busca así unha represalia “exemplarizante” tamén no político, dado o forte impacto simbólico da presenza do nacionalismo á fronte do municipio.

Porén, traballadores e traballadoras do concello prevén presentarse como parte na vista, que terá lugar en xaneiro, para defender a actuación do goberno local.

Comentarios