Mariñeiros da flota cefalopodeira reclaman que a Xunta presione a Mauritania

Levan seis meses en terra e agora esixen que o presidente da Xunta se implique para que Mauritania  modifique os termos do acordo que afecta a uns 400 mariñeiros da flota cefalopodeira.

Os mariñeiros que faenaban no caladoiro de Maurtania esixen ao presidente da Xunta que se implique no conflicto para que se modifiquen os termos do acordo que veta a flota glaega. Arredor de 400 mariñeiros de 21 pesqueiros están afectados desde hai seis meses polo peche do caladoiro de Mauritania após o acordo pesqueiro que o país africanos asinou coa UE.

Convocan para o día 15 de febreiro unha gran movilización en Marín co fin de coincienciar da súa situación, a catro días de que, o 19, teña lugar a nova xuntanza da comisión mixta que negocia o pacto. Demandan, polo tanto, unha xuntanza previa co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co fin de que o goberno galego se implique na presión a Mauritania para que modifique os termos da negociación. Critican, tamén, a ausencia de representantes da Xunta este luns en Bruxelas no que se debatiu o tema nunha xornada que contou con presenza, pola contra, dunha representación canaria. Por Galiza, desprazáronse o responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, xunto cun grupo de mariñeiros afectados, convidados pola eurodiputada do BNG, Ana Miranda. Aboi destacou que o debate parlamentario deixar á vista que a maior parte dos eurodeputados están en contra do acordo ademais de confirmar que a poboación de polbo na zona non está ameazada.

Aboi volveu denunciar que o acordo recolle pagar a Mauritania 70 millóns de euros por 110 barcos cando o anterior permitía faenar a 170, moi desfavorábel en comparación co asinado con China cando a UE é un socio preferente do país africano.

Concentración o día 15

Os mariñeiros iniciarán de novo unha campaña de concienciación social para a que xa está fixada unha concentración na Alameda de Marín o día 15 de febreiro ás 20.00 horas, seis meses e medio depois do amarre da flota.