Máis unha xeira de presentacións en Ourense e Lalín

Sermos Galiza continúa a súa andaina polo país. Esta semana, o proxecto xornalístico será presentado en Ourense pola Asociación Cultural Auriense. O acto contará coa presenza de Nemésio Barxa e Xosé Lois O Carrabouxo no local social ás 21.00 horas.

Aliás, a vindeira quinta feira (28 de febreiro), haberá unha outra presentación no Museo de Lalín ás 19.00 horas. 

Comentarios