sábado 16/10/21

CIG leva ás rúas e aos centros de traballo a súa campaña polo dereito ao emprego

Ducias de manifestacións percorreron vilas e cidades galegas dentro da campaña 100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego na que a CIG achega "propostas e alternativas" orientadas a unha saída social da crise. Este sábado (12 h, Alameda), a campaña chegará a Compostela nunha manifestación nacional. 

Marchas polo emprego da CIG en diversos puntos do país
Marchas polo emprego desenvolvidas pola CIG en diversos puntos do país

"Temos que dar o debate", salientou en conversa con Sermos Galiza o secretario xeral da CIG, Suso Seixo. O líder da central sindical asegurou que "hai vías posíbeis para crear emprego" e que "poden ser aplicadas". 

Neste senso, a campaña emprendida pola CIG visa situar no centro do debate a problemática do desemprego --que atinxe a máis de 200.000 persoas en Galiza-- e achegar medidas "factíbeis", sinalan, encamiñadas a xerar postos de traballo que "traerían a mellora de dereitos sociais e da calidade de vida dos galegos", indicou o secretario xeral da central nacionalista. 

Este sábado, manifestación nacional

Así, após presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento e iniciar unha rolda de asembleas [email protected] [email protected] en múltiples empresas do país, a Confederación Intersindical Galega prepárase para a marcha que este sábado se desenvolverá na capital galega (12 h, partirá da Alameda) e que encherá as rúas de Compostela ao berro dunha outra política económica.

"Hai unha cousa que nós entendemos chave", explica Suso Seixo, "hai que abandonar o sendeiro de medidas de corte neoliberal que foron as que nos trouxeron até aquí". Así, acrecenta, "nós propoñemos un cambio no propio modelo económico" para saír da crise "desde unha perspectiva favorábel ás maiorías sociais". Por exemplo, subliñan, a creación dunha banca pública galega aproveitando o carácter estatal da nacionalizada Nova Galicia Banco permitiría pór a entidade financeira "ao servizo da nosa economía e sectores produtivos". Contar con ese banco, asegura Suso Seixo, permitiría fornecer de financiamento a sectores como o naval.

A soberanía como necesidade

Para @s sindicalistas a campaña polo emprego visa "dar o debate e ofrecer alternativas" no plano laboral, industrial e salarial mais tamén no eido agroalimentar, da pesca, fiscal e ambiental... [email protected], din, de que "a chave para construír outro modelo, máis xusto e igualitario", defende Suso Seixo, pasa por ter "capacidade de decisión real" sobre o propio país. "A soberanía é unha necesidade", afirma con rotundidade o secretario xeral da CIG, "non é ideoloxismo". 

comentarios