A Xunta subvencionará en 2015 a Fundación Camilo José Cela con 257 mil euros

A presidenta da fundación, Marina Castaño, está acusada de malversación. 

Malversación, estafa, apropiación indebida e fraude. Eses son os presuntos delitos dos que está acusada a viúva do escritor Camilo José Cela -Marina Castaño- polo seu traballo á fronte da Fundación que leva o nome do Premio Nobel, que foi rescatada pola Xunta hai dous anos, neste momento depende da Consellaría de Cultura.

O Goberno galego subvenciona con case 300.000 euros á Fundación padronesa, cuxa presidenta está agora investigada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, xa que sospeita que se desviou os cartos da devolución do IVE a unha asociación privada. 

En concreto, nos orzamentos da Xunta de Galiza para 2015 figura unha partida para a fundación de 257.294 euros. Para poñermos en contexto esta cifra basta dicer que o Museo do Pobo Galego apenas recibirá 297.800 euros.

O conselleiro de Cultura é na actualidade o presidente do Padroado. 

Comentarios