A Coruña dá os primeiros pasos cara o Día da Patria

A axenda do BNG coruñés arrinca na semana que entra coa conferencia E por que non unha República da Galiza, cadrando co aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936

A axenda de actos cos que o BNG celebrará na Coruña o Día da Patria arrinca esta semana que entra cunha conferencia de Francisco Rodríguez na quinta feira, cadrando co aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936, baixo o título E por que non unha República da Galiza --Portas Ártabras, 20h--.

Unha semana despois haberá un acto político na rúa --Agra do Orzán--, e o sábado a formación frontista organizará unha visita aos bos e xenerosos enterrados no cemiterio de Santo Amaro nun acto que estará coordinado por Pilar García Negro, profesora da UdC --a partir das 11h--. Na terza seguinte realizarase máis un acto político --praza Elíptica dos Rosais, 20h-- e na sexta a campaña chegará a Montealto cunha intervención do candidato á Xunta, Francisco Jorquera --Campo de Marte, 20h--. Os actos culminará coa mobilización nacional do 25 de xullo en Compostela.

Comentarios