martes 04/08/20

20.000 [email protected] pola preferentes aínda non recuperaron os seus aforros

As Plataformas das Preferentes continuarán coas mobilizacións até que @s [email protected] recuperen a totalidade dos cartos. Segundo denunciaron no xuízo celebrado este día 9 en Compostela, quedan aínda 20.000 persoas que continúan sen recuperar os seus aforros.

Concentración nos xulgados de Santiago
Concentración nos xulgados de Santiago

A Plataforma de [email protected] por Preferentes e Subordinadas de Compostela e Comarca apoiaron cunha concentración na mañá da quinta feira 9 de outubro á parella de [email protected] nun novo xuízo e anunciaron unha nova xuntanza de toda a coordinadora para aprobar novas accións encamiñadas a reclamaren a devolución da totalidade dos seus aforros. 

O vista oral do novo xuízo contra NovaGalicia Banco pola demanda presentada por Esther Perol e o seu home Miguel, activistas da plataforma serviu máis unha vez para que se fixera pública a vontade do colectivo de non deter as protestas até que se lles devolva a totalidade dos aforros. 

Sentenzas favorábeis a membros da plataforma de Compostela recibidas nos últimos tres días, coa conseguinte anulación do contrato e restitución dos aforros, ademais de costas xudiciais a cargo da entidade demandada animan á plataforma a continuar na súa loita, como fixeron na mañá desta quinta feira, cando diante dos xulgados da cidade manifestaron a súa vontade de continuar até que se recupere o 100% dos aforros. Segundo informan, devólvense polas sentenzas cantidades de 23.400 e 20.000 € e hai outros dous casos pendentes de sentenza. 

Hipocrisía de Escotet 

Valoran o  anuncio do novo propietario de ABANCA, Juan Carlos Escotet da solución do problema para os dous mil empregados das caixas como “unha hipocrisía máis xa que incumpriu a que lles fixo aos clientes afectados o pasado mes de decembro de solucionar o problema nun prazo de tempo inferior a 90 días, a toas luces incumprido”. Os colectivos de [email protected] calculan que son 20.000 as persoas que aínda non recuperaron os seus cartos que ascenderían a 200 millóns de euros, cantidade que poñen en comparanza cos 440 millóns que ABANCA recoñece como beneficios do primeiro semestre. 

Sen xuntanza con Feixoo

O sábado 11 de outubro está convocada en Santiago unha xuntanza da Coordinadora Galega de Plataformas de Afectado na que se aprobarán novas mobilizacións para reclamar a solución definitiva do tema. Lamentan non ter tido neste tempo ningún apoio do goberno da Xunta e o seu presidente Alberto Núñez Feixoo, que continúa sen responder ás solicitudes de xuntanza. “O goberno galego desentendeuse totalmente e ignora a problemática dos afectados trala venta da entidade nacionalizada”, denuncian, ao tempo que lembran que os casos solucionados débense a tres anos de mobilizacións e tamén ás resolucións xudiciais que están a ser a favor das demandas presentadas. 

“Considerámonos non só totalmente abandonados, senón aínda por riba represaliados polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a membros das mesmas por participar en actos pacíficos de protesta”, engaden, dunhas multas que ascenden a 20.000 euros dos que esixen a súa retirada. 

comentarios