"Queremos ar puro e non cianuro"

Millares de persoas ateigan Santiago nunha multitudinaria manifestación contra a explotación mineira de Galiza e contra a política da Xunta. "Galiza non é a leira do PP!" e "Feijóo na mina, só busca cocaína": así se está a pronunciar a multitude."Queremos ar puro e non cianuro" é un dos cánticos máis coreados na marcha, coa variante de "con cianuro, non hai futuro".

A cola da manifestación continuabana Alameda media hora despois de que a marcha se iniciase cara á Praza da Quintana.

"Galiza non se vende, Galiza se defende" e "Con cianuro, non hai futuro" foron algunhas das palabras de orde da multitudinaria manifestación que percorreu Santiago contra a política mineira da Xunta de Galiza.

Defender o país dun goberno que antepón o beneficio de empresas mineiras -para maior escarnio, estranxeiras- á protección do medio natural e ao desenvolvimento de sectores produtivos básicos do país foi a razón que levou ás rúas de Santiago a unha multitude, nunha das marchas con maior capacidade de convocatoria dos últimos anos. Un espírito moi Nunca Máis encarnouse nunha manifestación que reservou duras críticas para o PP e que evidenciou o divorcio entre a maioría social e o partido actualmente no goberno, con cánticos tan demoledores como "Feijóo na mina só busca cocaína".

(máis información decontado)

Comentarios