Os convocantes da Folga Xeral en Euskal Herria do vindeiro 26 de setembro contabilizaron máis de 700 adhesións de comités de empresa, alén de afirmar que a lista "segue a aumentar" día a día. Os sindicatos e colectivos sociais afirman que, ante o "inmenso robo" á sociedade coa fin de "favorecer os intereses da banca", a clase traballadora vai respostar "con contundencia"
No que atinxe ao sector público, lévanse recibido "moitas e significativas" adehesións de xuntas de persoal, comités de empresa e seccións sindicais.
Estes días están a ser de intensa mobilización en Euskal Herria, con diferentes actos nos centros de traballo e nas rúas de cara á Folga Xeral da vindeira semana. Entre estas actos, centos de delegad@s de LAB participan nunha marcha a pé de seis días pola comarca de Iruñerria para animar aos e ás traballadoras a sumarse á Folga.
A lista de comités que apoian a folga xeral pode verse aquí