Pachi Vázquez insta a converter as urnas o domingo nunha “gran manifestación”

O candidato do PSdeG-PSOE radicaliza a súa mensaxe no tramo final de campaña, tentando aproximalo ao da “insubmisión aos recortes” que sostén desde o inicio o BNG.
Pachi Vázquez e Elena Valenciano en Vilagarcía
photo_camera Pachi Vázquez e Elena Valenciano en Vilagarcía

Na liña dos últimos días, sen apenas cambios no guión, o candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, afirmaba onte desde Vilgarcía que ““a gran manifestación en Galicia debe ser este domingo nas urnas”.

No mitin, no que estivo acompañado pola vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano, Pachi Vázquez reiterou de xeito insistente mensaxes coas que o socialista pretende mobilizar ao electorado abstencionista ou ao que inda non ten o seu voto decidido. Neste senso, o candidato dixo que as eleccións do domingo serán “un referendo de Rajoy e Feijóo para avaliar os seus recortes”.

Nun xiro discursivo, radicalizando a mensaxe que sostén desde a convocatoria de eleccións, afirmou que “mentres a inmensa maioría das familias non da chegado a fin de mes e se empobrecen cada día mais, os grandes capitais seguen medrando sen que a crise lles afecte o mais mínimo”. Unha chiscadela coa que o socialista estaría a aproximar o seu discurso ao dun BNG que nas últimas xornadas salientou o seu afán de “insubmisión aos recortes”.

Comentarios