Llamazares presentará en Vigo o programa de sanidade de AGE

O deputado de IU tamén asistirá á manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar esta cuarta.

O deputado Gaspar Llamazares visitará Galiza esta cuarta feira. O voceiro de Izquierda Unida na comisión de sanidade do Congreso d@s deputad@s presentará en Vigo o programa de sanidade da Alternativa Galega de Esquerdas, nun acto en que tamén participarán @s candidat@s de EU Yolanda Díaz, Juan Fajardo e Eva Solla xunto a Chelo Martínez, de Anova.

Ademais, o excoordenador federal de IU ofrecerá unha conferencia de prensa diante das obras do novo hospital de Vigo e participará na manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar na cidade olívica.

Comentarios