sábado 19/09/20

Visto e prace da Comisión europea ao estatuto electrointensivo

O persoal de factorías como Alcoa San Cibrao agardan que a aprobación por parte do Consello de Ministros sexa agora en breve.

Manifestación en Viveiro en apoioao persoal de Alcoa-San_Cibrao (Europa Press)
Manifestación en Viveiro en apoioao persoal de Alcoa-San_Cibrao (Europa Press)

A Comisión Europea deu o seu visto e prace ao estatuto electrointensivo proposto polo Goberno español e abre así a porta á aprobación deste documento polo Executivo. Fontes do comité de Alcoa San Cibrao mostraron a súa confianza en que en breve ese estatuto sexa unha realidade.

O pasado mes de xaneiro a ministra de Industria, Reyes Maroto, lembraba que as políticas a respecto da enerxía e dos prezos debían de ter en conta o marco de axudas europeo establecido por Bruxelas para poder o estatuto ser aprobado con todas as garantías.

Este estatuto é para traballadoras e traballadores das industrias grandes consumidoras de enerxía, e que na Galiza representa por volta de 5.000 empregos, o elemento chave para superar a crise que atravesa o sector.

comentarios