Unha batalla pola viabilidade no sector electrointensivo

A industria electrointensiva está con pé e medio nunha crise que cuestiona o seu futuro. Na Galiza, a viabilidade deste sector -unha ducia de empresas e cinco mil empregos directos- remite en certa medida ao debate sobre a capacidade de decidir sobre a enerxía xerada aquí. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 334 de Sermos Galiza.

foto_3
photo_camera Unha planta de industria electrointensiva

4Ferroatlántica anuncia un ERE de dous anos de duración para as súas factorías, un expediente temporal de regulación de emprego que se dirixe en primeira liña ás factorías sitas na Galiza. A medida súmase ao conflito vivido en Alcoa e que mantén a espada de Damocles do feche sobre a factoría da Coruña. Exemplos indicativos da crise da industria electrointensiva na Galiza, un sector fulcral que representa por volta de 5.000 empregos directos, con especial incidencia en determinadas comarcas.

O sector electrointensivo compóñeno aquelas industrias que teñen un alto consumo enerxético, que pode representar até máis de 50% dos seus custos de produción. Na Galiza son, no principal, por volta dunha ducia de industrias: tres grupos galegos (Finsa, Megasa, Tojeiro) e compañías con plantas produtivas na Galiza (Ferroatlántica, Celsa Atlantic, SLG Carbón, Celsa...)


Estes nomes de empresas estaban no xérmolo dun lobby de empresas electrointensivas no que estaba xogando as cartas a Xunta e que procuraban un estatuto específico para o sector. Mantiveron xuntanzas a finais do ano pasado mais a día de hoxe pouco callou que se concretase en resultados.

“O sector electrointensivo está nunha grave crise”, advirten desde a CIG, a central con forza nesta rama de actividade, unha industria baixo a ameaza de “feche de empresas e de destrución de empregos”.

Economistas como Adrián Dios salientan a importancia de Galiza ser unha produtora de enerxía á hora de termar da industria. “Ter enerxía é unha vantaxe competitiva a aproveitar”.
 

Inicio

As reformas do sector eléctrico aprobadas polo goberno do Partido Popular en 2013 alteraron o escenario da industria electrointensiva. Implántase unha poxa de interrompibilidade que na práctica é, en palabras de Xoán Xosé Bouzas Aboi, secretario de CIG-Industria, unha “ruleta rusa”. Esta medida, mantén, fomenta a competencia desleal entre empresas do mesmo sector produtivo, outorgando prezos de electricidade moi dispares e cuxas consecuencias máis graves tradúcense no que acontece en Alcoa e Ferroatlántica.
 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 334 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios