Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 4 de xullo

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, mentres que o mínimo será entre as 17 e as 18 horas.

Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Segue en 'Nós Diario' a evolución diaria do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta segunda feira nos 348,46 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 380,6 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 287,96 euros/MWh, rexistrarase entre as 17 e as 18 horas.

Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 159,92 euros/MWh.

Deste modo, medra en 22,7% a respecto dos 133,5 euros/MWh de media deste domingo, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta segunda feira será máis de 50 euros superior aos 106,31 euros/MWh do 4 de xullo de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de xuño foi de 211,8 euros/MWh, uns 24 euros superior ao prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 100 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios