Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 27 de xuño

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 368,86 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 237,66 euros/MWh, rexistrarase entre as 16 e as 17 horas.
Unha persoa prende a luz (Foto: Nós Diario).
photo_camera Segue a evolución do prezo da luz en Nós Diario. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta segunda feira nos 280,7 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 368,86 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 237,66 euros/MWh, rexistrarase entre as 16 e as 17 horas.

Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 143,27 euros/MWh.

Deste modo, sobe 21.44% a respecto dos 117,94 euros/MWh de media deste domingo, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

Por outra parte, o prezo medio do mes de maio foi de 187,12 euros/MWh, catro euros menos que o prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 100 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios