O presidente de NGB cre que a maioría mercou preferentes sendo conscientes diso

José María Castellano anunciou que Price Waterhouse será a que analice todos os casos para determinar quen comprou participacións "sen saber onde se estaba a meter"
Anuncio NGB
photo_camera Anuncio NGB

Pouco durou o acto de contrición dos responsábeis de Novagalicia Banco. Se a mediados desta semana presidente e conselleiro delegado da entidade financeira comparecían para pedir perdón polo calote das participacións preferentes (e tras unha intensa, e pagada, campaña de publicidade en boa parte dos medios de comunicación), as augas volven ao seu rego. Así, o presidente de NGB, José María Castellano, afirmou nunha entrevista na Radio Galega que a maioría da xente que adquiriu estes produtos sabía o que facía. Iso si, apresurouse a engadir que tamén había un colectivo de persoas "moi importante" non era consciente.

Entre as persoas afectadas pola estafa das preferentes "hai de todo", entende Castellano, que anunciou que Price Waterhouse Cooper vai ser a firma que estude todos os casos para determinar quen mercou preferentes con consciencia do que facía e quen non.

Comentarios