Castellano declarará en calidade de testemuña polas prexubilacións millonarias das caixas

José María Castellano declarará o vindeiro día 16. Días antes farano os tres vocais do consello de administración que votaron en contra destas prexubilacións
José María Castellano
photo_camera José María Castellano

O maxistrado da Audiencia Nacional (AN) Ismael Moreno citou para declarar en calidade de testemuña a José María Castellano, presidente de Novagalicia Banco (NGB). A súa citación prodúcese no marco da investigación sobre as prexubilacións millonarias cobradas por ex-directivos das caixas galegas.

Nun auto, o xuíz instructor tamén cita  a declarar dous inspectores do Banco de España como testemuñas expertas sobre un informe que obra nas dilixencias previas. O maxistrado tamén escoitará o testemuño dos 3 vocais do Consello de Administración que votaron en contra das compensacións.

Fianzas

Por outra banda, Ismael Moreno impuxo fianzas de até sete millóns de euros a catro exdirectivos de Novocaixagalicia para que poidan facer fronte as eventuais responsabilidades civís en que poideran incurrir na causa que investiga a súa su posíbel responsabilidade penal polas prexubilacións millonarias que recibiron.

Administración desleal ou apropiación indebida

Estas citacións prodúcense despois de que a Audiencia Nacional tomase declararción como imputados a cinco ex-directivos de NovaCaixaGalicia. O maxistrado da AN Ismael Moreno atribúe a estes cinco directivos (Fernández Gayoso, García de Paredes, Rodríguez Estrada, Pego Alonso e Gorriarán Laza) un delito de administración desleal ou, alternativamente, apropiación indebida. Acusacións que derivan da adxudicación de prexubilacións e ocultar os importes destas ao consello de administración da entidade financeira.

Por mor do acordo de fusión de Caixa Galicia e Caixanova, en maio de 2010, e a solicitude de apoio financeiro ao FROB, estes cinco altos ex-directivos comezarían a preparar a súa saída, acordando uns contratos e prexubilacións de cuxo importe non tería coñecemento o consello de administración. Estas decisións irían, ademais, en detrimento do propio patrimonio da entidade financeira.

Comentarios