O desemprego aumentou na Galiza nestes 12 meses en 35 persoas por día

O número de persoas desempregadas no país a 30 de abril era de 290.459, case 13.000 máis que hai exactamente un ano. E Galiza supera xa as 126.000 personas no paro que non perceben prestación algunha

 

Reforma laboral, máis desemprego

O desemprego na Galiza é de 290.459 persoas, 728 menos que no mes anterior (marzo). Mais na variación interanual, que permite unha mellor visión da evolución real do mercado laboral, o resultados segue a ser frustrante: Nestes doce meses, o paro aumentou no país en perto de 13.000 persoas. En concreto, 12.815.

Así pois, o desemprego na Galiza aumentou a un ritmo de 35 persoas por día. O 39 de abril de 2012 o número de persoas no paro era de 277.644.

Preocupante

A respecto do Estado español, o desemprego descendeu en 46.000 persoas en comparanza con marzo. O número de parad@s fica así lixeiramente por baixo dos cinco millóns de persoas.

Desde a CIG lembran que no mes de marzo había xa 126.892 desempregadas e desempregados que non cobran prestación algunha, 2.791 máis que no mes de febreiro.

Desde a visión de CCOO, os datos do paro de abril agochan saídas do mercado laboral galego cara a outros países

Comentarios