Krugman recomenda ao pobo portugués "say não"

O premio Nobel de economía criticou a decisión de Passos Coelho de "propor unha cura con máis austeridade". 

Paul Krugman non é o economista de cabeceira de Bruxelas. Tampouco do goberno de Lisboa. Neste senso, após coñecer a decisión adoptaba polo executivo portugués que anunciou máis medidas de axuste e recortes para paliar os efectos derivados da sentenza do Constitucional, asegurou nun breve artigo publicado no seu blogue que ao pobo luso lle basta con dicir 'não' (Just say não). 

As receitas da Troika e do neoliberalismo europeo non servirán para resolver a crise política, económica e social en Portugal e para mostra o laboratorio de experimentos en que se converteu Grecia. Até o presidente español, que non é sospeitoso de disidencia en Bruxelas, puxo en dúbida en comparecencia de imprensa a utilidade das medidas de axuste pregoadas polas institucións económicas internacionais ao servizo do capital financeiro. Malia que as declaracións do líder español foran tan só unha declaración de intensións de cara á galería, o certo é que Mariano Rajoy xa vai facendo caso ao proverbio e hai días que botou as barbas a remollo. 

Comentarios