Galiza importa 120.000 toneladas de leite en plena crise do sector lácteo

Portugal e Francia, con industrias lácteas ubicadas no noso país, son as principais vendedoras, segundo informa 'Campo galego'.

Leite
photo_camera Leite

Un país produtor de leite a comprar leite a esgalla. Nos sete primeiros meses de 2015 Galiza importou 125.000 toneladas de leite, segundo informa a web especializada 'Campo galego'. Unha adquisiciónd e producto que se produce nuns meses nos que se manifestou con crueza a crise do sector lácteo galego, cuns baixos prezos que orixinaron unha vaga de mobilizacións e tractoradas. Nese mesmo período o noso país exportou 55.000 toneladas de leite, un 15% menos que no mesmo período do exercicioo anterior, o 2014.

Os principais países dos que se reciben produtos lácteosen Galiza son Portugal (máis de 100.000 toneladas -92.000 de leite e nata sen concentrar-,) e Francia, cunhas 20.000 toneladas.

Tal e como lembra esta web, a presenza en Galiza dunha industria lusa, Lactogal, propietaria de Leche Celta, e de varias firmas francesas, caso de Lactalis – Puleva, “adoitan xerar suspicacias entre os gandeiros, que critican a entrada de produción exterior en pleno contexto de crise do sector. Cómpre lembrar que durante as recentes tractoradas, gandeiros do sur de Lugo bloquearon en Euroserum Ibérica cinco camións que se supoñían cargados de lácteos franceses”.

Comentarios