Einsa Print, cun ERE de despedimento de 155 traballadores nas Pontes, recibiu dous millóns en apoios da Xunta

O deputado Ramón Fernández Alfonzo (BNG) denunciou que a Xunta da Galiza é "corresponsábel por omisión" do despedimento destes traballadores.
EuropaPress_5592295_protesta_einsa_print_consello_galego_relacions_laborais
photo_camera (Foto: Europa Press)

Einsa Print, cun ERE de despedimento de 155 traballadores no Concello das Pontes (comarca do Eume), recibiu dous millóns de euros en apoios do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Diso informou a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, en resposta a unha pregunta do BNG na Comisión de Industria, onde expuxo que eses créditos por dous millóns de euros "foron devoltos" e "non consta ningunha débeda" coa Xunta.

No entanto, asegura que as axudas a Einsa Print son de "hai moitísimo tempo", pois a última resolución data de 2010 e as últimas subvencións pedidas pola empresa "non se concederon" por non cumprir os requisitos. Así mesmo, Mancha explicou que as axudas que se deron á compañía de artes gráficas tiñan como contraprestación o mantemento do emprego, maisese prazo "terminou". "En principio, cumpriu polo diñeiro público que puido recibir", afirma.

O deputado Ramón Fernández Alfonzo (BNG) denunciou que a Xunta é "corresponsábel por omisión" do despedimento destes traballadores de Einsa Print. Chama o Goberno galego a "forzar a máquina para paralizar o ERE", de forma que se negocie un ERTE temporal mentres non se pode recolocar aos empregados en novos proxectos. Tamén censura Fernández Alfonzo que, catro anos despois anunciarse peche da térmica, "non hai un plan industrial para As Pontes" e a Xunta destina un orzamento de "cero euros" a este municipio en 2024.

Desmantelamento

Tamén se referiu a directora xeral de Relacións Laborais a que esta mañá mantiveron unha reunión con Endesa na que se abordou o plan de desmantelamento da central das Pontes, que se prevé empezar en "tres ou catro meses".

Lamenta que a transición "non foi demasiado xusta" porque non prevé apoio extra do Estado durante eses meses nos que os empregados deberán ir ao paro mentres non comeza o desmantelamento. Apunta que nun caso similar en Portugal os traballadores "teñen unhas bolsas" mentres está en formación e non poden traballar, o que contrasta co que sucede nas Pontes.

Comentarios