CCOO e UGT sairon á rúa contra os recortes e en defensa das políticas benestar

CCOO e UGT saíron á rúa en nove cidades e vilas galegas para, ao abeiro do Cume Social e malia os intentos do PP perante a Xunta electoral de prohibir as manifestacións, para protestar polos recortes e defender as políticas de benestar.
ugt, ccoo

Varios milleiros de persoas, pola volta de 50.000 segundo os convocantes, saíron á rua baixo o lema "Máis paro, máis recortes, menos protección. Queren arruinar o país! Hai que impedilo!. Pola industria, polo emprego e polo estado de benestar". As manifestacións producíronse tras unha fin de semana de incertezas polo recurso do PP e grazas ao aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). 

As e os manifestantes exixiron unha saída da crise que garanta a reactivación económica, a xeración de emprego, a recuperación da protección social e do xa moi minguado estado de benestar. CCOO e UGT consideran preciso "un xiro radical das políticas de recorte e austeridade, porque nos afunden aínda máis no abismo, e afundiránnos máis aínda cando asistamos á presentación dos orzamentos das comunidades autónomas, onde se asistirá de seguro a novos recortes porque seguirán a mesma folla de ruta".

Para CCOO e UGT, cómpren políticas de estímulo ao crecemento e á creación de emprego. Exixen "reconsiderar a política fiscal do país apostando por una política fiscal xusta, redistributiva e equitativa, ben como accións que combatan a fraude fiscal en vez de promover anmistías fiscais".

Comentarios