Canto vale unha hectárea de viñedo na Galiza? E unha de pasto?

O informe ‘Solo agrario en España 2023’ analiza o valor dos terreos na Galiza. Este estudo apunta que "se está producindo un abandono das terras" nos prados da Galiza.

Vacas de leite ecolóxico a pasto na Pastoriza. (Foto: Nós Diario).
photo_camera (Foto: Nós Diario).

O valor da hectárea de pastos e pasteiros na Galiza sitúase en 17.700 euros en 2023, por riba da media de 10.200 euros por hectárea que é no Estado español.

Así se recolle no informe 'Solo Agrario en España 2023', elaborado polo Servizo de Estudos de Tinsa, a maior empresa de valoración de leiras rústicas no Estado, con máis de tres millóns de hectáreas taxadas desde 2008.

Este estudo apunta que "se está producindo un abandono das terras" nos prados da Galiza. No que respecta a outros cultivos, apunta a novidades en herbáceos coa aposta por aplicacións para a industria cervexeira, máis aló da alimentación do gando.

No que atinxe a viñedos na Galiza, o valor da hectárea está en 37.800 euros en secaño e en 38.900 euros en regadío, en ambos os dous casos por riba da media estatal.

Apunta aos problemas en denominacións de Ourense, posto que "o cambio nos patróns de precipitacións nesta zona, a miúdo intensas, danan a planta comprometendo a formación do froito e reducen a produción".

O valor do chan agrario aumenta en 2023, a pesar das condicións climáticas e económicas adversas, segundo o informe Tinsa.

Terras de cultivo

Galiza perdeu desde 2009 máis de 386 millóns de metros cadrados de terras de cultivo. A actual superficie agraria útil (SAU) na Galiza, a respecto da de 2008, caeu en 2,7% (22.786 hectáreas menos) como consecuencia principalmente dunha redución de case 10% no caso das terras de cultivo: 386.650.000 metros cadrados meno

Comentarios