A Xunta despreza a folga e mantén a súa axenda institucional

O executivo desenvolverá até 7 actos durante a xornada. Cinco deles coincidiran en horario coas once manifestacións previstas nas principais cidades e vilas.

O Goberno galego manterá a súa axenda de actos esta cuarta feira. O executivo obvia a convocatoria de folga xeral que durante toda a xornada se desenvolverá do noso país. Diversos membros do Gabinete en funcións de Alberto Núñez Feijóo participarán en actos en distintos puntos da xeografía galega. Aliás, tamén terá lugar un acto, concretamente da dirección xeral de exteriores en Guimaraes, malia que en Portugal tamén se desenvolve a folga.

Visitas a colexios, recepcións e reunións institucionais ocupan o cerne das previsións, que en cinco casos se desenvolverán ao tempo que 11 manifestacións estarán a percorrer as rúas das principais cidades e vilas de Galiza.

Comentarios