A crise continúa a devorar traballo. O último dado de paro rexistado coñecido sitúase no arredor dos 5 millóns de persoas (4.980.778), após de que no mes de xaneiro perdesen o seu traballo no conxunto do Estado un total de 132.055, o que supón un incremento do desemprego a respecto de decembro do 2,72 por cento. Cumpre lembrar que a EPA, muito máis fiábel e a única estatística recoñecida pola UE, eleva a cifra a perto de 6 millóns de parad@s.
Os dados relativos a Galiza aínda non se fixeron públicos.