Hóckey: Galiza perde 2-3 nun partido amigábel contra España

Foi o debut da selección galega masculina Sub21, que disputou un partido en Ourense contra o combinado estatal.  

hóckey galicia foto federación
photo_camera (Foto: Federación Galega de Hóckey)

A selección galega masculina Sub 21 de hóckey disputou un partido amigábel este domingo 17 de outubro no renovado campo de Mariñamansa (Ourense), contra a selección española masculina +40.

O combinado estatal estivo a fin de semana realizando un ‘Stage’ de preparación na cidade de Ourense.

O equipo español iniciaba con este partido a súa preparación de cara ao Campionato Mundial de Nottingham (Reino Unido), que terá lugar en agosto de 2022.

Na convocatoria do combinado galego entraron xogadores dos clubs CH Albor, CSA Ourense e CH Barrocás.

O acceso ao público foi gratuíto e a asistencia ás instalacións estará condicionado aos protocolos actuais.

O partido rematou con derrota galega (2-3) e foi un encontro “moi desputado”, segundo a Federación Galega de Hóckey no que os xogadores galegos renderon a un moi bo nivel malia a derrota.

Comentarios