A guía do Mundial de Qatar: Grupo 'D'

Todo o que non sexa gañar será un fracaso para Francia.
Os galos, liderados por Mbappé e Benzema, queren acabar coa "maldición do vencedor", pois ninguén repite título desde hai 60 anos. (Foto: EP).
photo_camera Os galos, liderados por Mbappé e Benzema, queren acabar coa "maldición do vencedor", pois ninguén repite título desde hai 60 anos. (Foto: EP)

Francia asusta ao medo. Os galos, vixentes campións mundiais, son, home por home, os indiscutíbeis favoritos para conseguir unha fazaña, gañar dúas Copas do Mundo seguidas, que non logra ninguén desde o Brasil de Pelé, Didí ou Garrincha en Suecia '58 e Chile '62.

Pero, como se adoita dicir, non é ouro todo o que brilla, como evidenciou o seu fracaso na última Eurocopa, onde caeu eliminada con Suíza nos cuartos de final.

Si, ten xogadores demoledores en ataque como Karim Benzema e Kylian Mbappé, pero Deschamps non contará -por lesión no caso dos dous primeiros e decisión técnica no do terceiro- cos tres centrocampistas titulares en Rusia 2018: Kanté, Pogba e Matuidi.

Iso fai recaer a responsabilidade da xestión da medular en xogadores demasiado novos, non acostumados a cargar con ese peso, como Matteo Guendouzi (23 anos), Aurélien Tchouaméni (22), Eduardo Camavinga (20 anos) ou Wesley Fofana (21 anos), o que podería pasarlle factura á todopoderosa Francia.

Galeses e daneses son claros favoritos a facerse coa clasificación.

No referente a Dinamarca, lonxe queda aquela xeración de ouro dos irmáns Laudrup ou Peter Schmeichel, pero o feito de ser un bloque conformado por xogadores moi familiarizados entre eles, combinado co talento da súa principal estrela, Christian Eriksen, debería ser suficiente para que se fixera coa recompensa da segunda posición do grupo e, polo tanto, dos oitavos de final, unha rolda que non supera desde o Mundial do 98.

Calquera outra cousa que non fose unha clasificación francesa e danesa sería unha das maiores sorpresas do torneo, pois Australia e Tunisia son dos equipos máis frouxos da competición.

Para os Canguros o simple feito de estar en Qatar xa é un premio, o mesmo que para unhas Águias de Cartago que, non obstante, apostan polo bo fútbol.

Comentarios