Na terza feira á noite, os 34 detidos en primeira instancia -nas últimas horas a policía praticou dous arrestos máis- comezaron a emprestar declaración nas dependencias da Brigada de Información da comisaría, da escadra, de Moratalaz. A previsión é que sexan trasladados esta quinta feira ao Xulgado de Gardia de Detidos.
Fontes policiais informan de que os detidos, todos membros do Frente Atlético, eran coñecidos pola súa filiación neonazi.
Un dos presuntos asasinos responde ás iniciais I.L.P., é taxista en Parla, ten dous fillos e a finais dos 90 pasou pola Brigada Paracaidista do Exército.
Hai, aliás, entre as persoas detidas, tamén un militar e un garda civil en activo -adscrito este ao cuartel de Rivas-. embora fontes policiais informan de que non están entre os sospeitosos de perpetraren diretamente a acción criminal que acabou coa vida de Jimmy, integrante da claque deportivista Riazor Blues.
Dos 36 detidos dous enfrentan cargos por homicidio e o resto, por participación en rifa tumultuaria e tenza ilícita de armas.