Colau accede á petición de PP e Cs e instalará pantallas xigantes para os partidos da selección española

É unha batalla simbólica para o unionismo. Concentrar multitudes en espazos públicos da capital catalá a presenciar os xogos da selección española de fútebol no xa inminente mundial de Rusia. O goberno local de Barcelona acaba de acceder á petición de PP e Cs e instalará pantallas xigantes. Aliás, só se fará no caso de a equipa de Lopetegui chegar no mínimo ás semifinais.

Xavier Domènech e Ada Colau.
photo_camera Ada Colau, a carón de Xavier Domènech un acto partidario

As pantallas colocaríanse nun espazo fechado e a organización e o financiamento dos eventos correrían a cargo da plataforma Barcelona coa Selección, entidade promovida polo unionismo. "Somos moi conscientes e coñecedores da afeizón que ten o fútebol, a Copa do Mundo e a selección na nosa cidade", afirmou ao respeito Marta Carranza, comisionada de Deportes do concello de Barcelona.

Segundo recolle Vilaweb, PP e Cs aplauden esta decisión da equipa de goberno que lidera Ada Colau, aínda que se perguntan por que acceden agora e non o fixeron hai dous anos, durante a Eurocopa.

Comentarios