“Coa miña suor gañei a posibilidade de adestrar o Dépor en Primeira. Deixei a vida’’

Fernando Vázquez afirma que a súa destitución como adestrador do Deportivo non responde a razóns deportivas nin disciplinarias. ‘’Non merezo este golpe’’, considera. E apunta:''Fernando Vázquez volverá con forza''

Fernando Vázquez
photo_camera Fernando Vázquez

Fernando Vázquez compareceu ante a imprensa apenas unhas horas despois de que a dirección do RC Deportivo lle notificase que non cobntaba con el para a nova etapa do clube en Primeira, categoría á que o Dépor retornou da man do de Castrofeito. O xa ex-adestrador deportivista dixo que “co meu suor gañei a posibilidade de adestrar o Dépor en Primeira. Deixei a vida. Pasei o ano máis difícil. Case de balde”.

“É unha inxustiza” opina Vázquez, “non me merezo este golpe”. Fernando Vázquez considera que a decisión de botalo vén dunhas declaracións súas sobre fichaxes. “Non marcho por razóns deportivas ou disciplinarias. Marco por unhas palabras mal interpretadas e non se me deu oportunidade de explicalas antes de que se emitise a sentencia. Non houbo xuízo”.

“É como se roubas un chourizo e che caen 50 anos de cárcere. Só te poden traicionar aqueles que son os teus amigos. Cando mo dixo, sentín una sensación de que algo se me clavaba dentro. Traballei case gratis polo Dépor, no ano máis dificl da miña vida no Dépor. Estou súper agradecido a afección. Que me digan que fixen mal. O Dépor non morre aquí e Fernando Vázquez volverá con forza”, concluiu.

Comentarios