O Dépor cesa a Fernando Vázquez por ‘’falla de confianza’’

O clube coruñés afirma que toma a decisión agora que aínda "é posíbel reconducir a situación'' para xerar "confianza" no plantel e na ''estrutura profesional''. O Consello de administración do RC Deportivo notificoulle a noticia a Vázquez esta mañá

Fernando Vázquez
photo_camera Fernando Vázquez

O RC Deportivo da Coruña destitúe a Fernando Vázquez, o adestrador que levou o equipo de volta a Primeira. A decisión do Consello de Administración foi comunicada a Vázquez esta mesma mañá na sede social da Praza de Pontevedra. O clube xustifica esta medida na “falla de confianza hacia o adestrador”.

A dirección afirma que adopta esta decisión “nun momento en que é posíbel reconducir a situación” pois aínda non comezou a pretemporada. Nun comunicado, o RC Deportivo considera que agora hai que “xerar, no plantel e na estrutura profesional do Clube, o ambiente de confianza necesario para poder desenvolver o proxecto deportivo e empresarial que ten que permitir ao Deportivo ser un equipo competitivo”.

O clube di que, “malia o ambiente destes días” agradece a Vázquez o seu traballo.

Ampliarase

Comentarios