Breogán e Obradoiro voltan á competición en marzo

Os equipos galegos da Liga Endesa de baloncesto comezan con forza o mes. Este marzo, ademais doutros encontros, tocará derbi galego en Compostela.
A cancha do Obradoiro será escenario do derbi o 26 de marzo (Obradoiro CAB).
photo_camera A cancha do Obradoiro será escenario do derbi o 26 de marzo (Obradoiro CAB).

A liga Endesa de baloncesto volta á competición esta semana após o parón pola disputa da Copa do Rei e os compromisos da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). Os equipos galegos xa contan con varios compromisos e confirmadas as datas de varios encontros. 

O retorno do Río Breogán producirase por partida dobre, xa que o conxunto de Lugo disputará dous encontros, ambos a domicilio, esta semana. O primeiro será a sexta feira ás 20 horas coa visitará ao Joventut de Badalona e menos de 48 horas despois, o  domingo ás 17 horas, xogarán diante o Andorra no Principado. 

O novo adestrador do Breogán, Veljko Mrsic, non poderá contar até hoxe con Dzanan Musa, Trae Bell- Haynes e Jordan Sakho por ter compromisos coas súas seleccións, algo que non evitará o intenso traballo que levará o equipo para preparar eses dous encontros e o intenso mes que lle agarda despois, no que terá que recuperar os dous partidos que aínda ten pendentes ao ser aprazados no seu día, diante o Joventut e o Murcia.

En marzo, o conxunto que dirixe o croata disputará seis partidos dos que só dous, diante o Bilbao Basket e o Obradoiro, terán como escenario o Pazo dous Deportes de Lugo.

O resto de encontros da próxima fin de semana terá que xogalos en Gasteiz e Murcia. Para o Río Breogán son momentos decisivos ao partir agora mesmo  da novena posición na clasificación con dez triunfos e nove derrotas. 

Inicio complicado para o Monbus Obradoiro

O Monbus Obradoiro, pola súa parte, voltará á competición este domingo no Santiago Martín ás 13 horas. A cancha do Lenovo Tenerife non lle deu moi bos resultados nos últimos partidos. As últimas nove visitas contabilizáronse con derrotas para o equipo da capital da Galiza.

Ademais, este será o primeiro encontro en que o equipo canario (sexto na táboa con 11 triunfos fronte a 7 do Obradoiro) contará cunha boa entrada e o apoio da súa afección ao caer todas as restricións de ocupación que se impuxeron en todo o que levamos de pandemia.

Os seguintes encontros en marzo serán contra o Bitci Baskonia, o Unicaja Málaga e o agardado derbi galego diante o Breogán, o sábado 26 de marzo ás 18 horas.

Comentarios