Tras os contos de mouros e mouras

Os relatos de mouros e mouras son o argumento das V Xornadas de Literatura de Tradición Oral que se celebrarán os días 19 e 20 en Lugo, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Mouras e mouros
photo_camera Mouras e mouros

Co título xenérico “Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular” durante os dáis 19 e 20 terán lugar as V Xornadas de Literatura de Tradición Oral que teñen comna meto obxectivo adentrar ás persoas participantes na cultura popular galega.

O encontro, que se realizará no Salón de Actos da Deputación de Lugo, contará coa participación de, entre outras, Antonio Reigosa, Alexandre Parafita, Rafael Quintia, Mar Liñares, Isidro Novo e Jesús Suárez López.

Mouros e mouras históricos e míticos, os imaxinarios compartidos con outras culturas, as imaxes femininas na mitoloxía popular ou o sexo e o poder na cultura tradicional son algúns dos contidos que se porán sobre a mesa no transcurso das xornadas. A metodoloxía empregada para a xornada irá da análise das lendas, o estudo dos tipos de relatos, reflexión arredor da súa función social e convidar a incentivar o traballo de campo afondando nas metodoloxías a empregar para a recompilación, o arquivo e a divulgación das narracións orais.

Comentarios