Todo listo na Fonsagrada para a Foliada que levará música e tradición á montaña

Caamaño&Ameixeiras, Mondra, Tiruleque, Alana, Axeigo, Omiri, L-R e Irmaus da Raia Seca soa algunhas das artistas que actuarán na Foliada, que tamén homenaxeará Kepa Junkera co espectáculo Polavilak.
Iria Castro na presentación da Foliada da Fonsagrada (Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo).
photo_camera Iria Castro na presentación da Foliada da Fonsagrada (Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo).

A deputada de Cultura na Deputación de Lugo, Iria Castro, participou na presentación da Foliada da Fonsagrada, que terá lugar na localidade do 7 ao 9 de decembro co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

No acto, decorrido esta cuarta feira no Concello da Fonsagrada, a responsábel da institución remarcou o papel da Asociación Petapouco e A Destempo, organizadora da Foliada, como “un referente dinamizador da montaña” e unha mostra de que “a mocidade está viva e pulando por un futuro no na montaña e no interior”.

"Singularidade da Foliada"

No tocante ao programa, destacou a “singularidade” da Foliada, que “celebra a vida de gaiteiros e fai homenaxes a bailadoras octoxenarias, creando comunidade arredor da música tradicional” e sinalou a presenza de músicas de Portugal e Asturias, como mostra dos lazos culturais destes territorios coa Galiza.

Caamaño&Ameixeiras, Mondra, Tiruleque, Alana, Axeigo, Omiri, L-R e Irmaus da Raia Seca actuarán na Foliada, que tamén homenaxeará Kepa Junkera co espectáculo Polavilak.

Obradoiros de percusión co músico asturiano Ramsés Ilesies, un obradoiro de iniciación ao baile con Ismael Carcedo, unha homenaxe ás bailadoras da Fonsagrada, unha feira de artesanía, cantos de taberna polos bares colaboradores e a presentación do libro “Herminio Villaverde.

A trompa da Fonsagrada” completan o programa desta oitava edición da Foliada da Fonsagrada.

Comentarios