A Fonsagrada

Á esquerda, un núcleo poboacional na serra dos Ancares; á dereita, habitantes de cada concello (datos do IGE de 2023).
28-M

A Montaña será decisiva o 28-M

Os Ancares, A Fonsagrada e Meira, as comarcas que conforman a área coñecida popularmente como A Montaña, levan máis dun século despoboándose. Un proceso iniciado coa emigración americana das últimas décadas do s. XIX e das primeiras do XX, agudizado coas emigracións europeas da segunda metade do s. XX e acelerado coa reconversión do complexo agrario, após a incorporación do Estado español ao Mercado Común Europeo, antecedente da actual UE. O 28-M, tócalles ás 19.057 veciñas e veciños da zona decidir o camiño a seguir.

Concentración en Baleira contra a sentenza. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Xustiza

Os condenados por abusos reiterados a unha nena de Baleira teñen 10 días para entrar en prisión

A Fiscalía pedía 11 anos de prisión para a irmá maior da vítima, o seu marido e o cuñado, que recoñeceron os feitos, mais finalmente foron condenados a 3 anos cada un.
Bombeiros observan o fogo que calcinou 1.400 hectáreas en Baleira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Controlado o incendio de Baleira, que sería provocado por unha queima non autorizada

A Garda Civil investiga un veciño de Lugo como presunto responsábel do primeiro grande incendio forestal do ano, na comarca da Fonsagrada.
Un veciño camiña ao carón dun monte queimado en Baleira (comarca da Fonsagrada) (Foto: Carlos Castro).
star
SOCIAL

Alcaldes critican a inacción da Xunta da Galiza para combater os fogos na Fonsagrada

Medio Rural cifraba esta quinta feira en 1.400 as hectáreas queimadas en Baleira, A Fonsagrada e Ribeira de Piquín nos últimos tres días. Os alcaldes destes dous últimos concellos critican a Xunta da Galiza por falta de medios para combater o incendio.
Dous brigadistas forestais traballan para extinguir as lapas no incendio forestal de Baleira, a 30 de marzo de 2023. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Galiza conta con 2.300 efectivos menos para a extención de incendios

1.000 bombeiros forestais fixos descontinuos e 1.300 efectivos do Pladiga aínda non se incorporaron ao Servizo de Incendios.

Avance das chamas durante a noite. (Foto: Cedida)
SOCIAL

VÍDEO | Así avanzou durante a noite o lume en Baleira

O primeiro grande incendio do ano, orixinado a pasada terza feira, continúa activo e aínda sen control en Baleira (comarca da Fonsagrada). Até o momento arrasou unha superficie próxima ás 1.100 hectáreas, o dobre que as que notificaba a última hora desta cuarta feira a Consellaría do Medio Rural. Un particular cedeu este vídeo a 'Nós Diario' no que se pode apreciar o avance das chamas.
Bombeiros traballando na extinción do incendio de Baleira, na tarde desta cuarta feira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
VÍDEO NO INTERIOR

A primeira gran vaga de incendios do ano arrasa máis de 1.300 hectáreas, co de Baleira aínda activo e á cabeza

Os fortes refachos de vento condicionan os labores de extinción. O fogo de Baleira calcinou 1.100 hectáreas.

Localización do Rego de Palos (Foto: Google Maps).
SOCIAL

Inícianse os traballos de conservación do rego de Palos, na Fonsagrada

Estes traballos teñen un orzamento estimado de 8.000 euros e realízanse a través da empresa Tragsa.
Mapa da Galiza por comarcas e concellos (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Sabes cal é o concello máis extenso da Galiza?

O caso do noroeste peninsular mostra unha particularidade fronte ao resto, as parroquias. Tradicionalmente, concretamente durante o medievo, o sistema de administración utilizado foron as parroquias debido á forte presenza da Igrexa católica.
Concentración feminista en Lugo, esta quinta feira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Feministas rexeitan a pena de só tres anos aos violadores de Baleira

O Concello baleirés votará o rexeitamento da sentenza.
Proceso de gravación de 'As Neves' na Fonsagrada. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Recta final da gravación do filme 'As Neves'

Sonia Méndez dirixe a súa primeira longametraxe situada na Fonsagrada
Sorteo extraordinario da lotaría desta quinta feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
SOCIAL

O 'Gordo' da Lotaría de Nadal deixa máis de 360 millóns no país

A Coruña e A Fonsagrada foron as máis agraciadas
Distintas representacións de instrumentos medievais poden apreciarse nesta mostra.
Axenda

Exposición na Fonsagrada: "A memoria do son" de Centrad

A exposición do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) estará aberta até o 3 de outubro

Manuel María e A Fonsagrada