Rubén Coca gaña o I Premio de Guión en Galego da Asociación de Guionistas

O xurado desta primeira edición, composto por Xosé Antón Cascudo, Sara Gómez, Óscar Cruz e Xacobo Díaz, decidiu por unanimidade designar como gañador o guión Detrás da luz, de Rubén Coca.

Gañador-e-finalistas-premio-AGAG
photo_camera O gañador e os finalistas do Premio. (AGAG)

A Fundación SGAE, en Compostela, acolleu durante a xornada de onte a gala de entrega do I Premio de guión en galego para longametraxe 2019, organizado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) co apoio da Fundación SGAE e a colaboración de Filmarkethub.

O xurado desta primeira edición, composto por Xosé Antón Cascudo, Sara Gómez, Óscar Cruz e Xacobo Díaz, decidiu por unanimidade designar como gañador o guión Detrás da luz, de Rubén Coca.

Estes escolleron o proxecto do guionista e director ferrolán por ser "unha proposta capaz de crear un universo propio, cun relato que flúe en clave simbólica entre a beleza e o terror, coa construción de secuencias que suxiren por si mesmas imaxes e inquietantes atmosferas"

"Detrás da luz constitúe unha profunda reflexión sobre a condición humana que destaca ademais polo seu interese social e a viabilidade para a súa produción", explica o xurado.

Promocionar o galego no audiovisual

Rubén Coca, responsábel de títulos como Roger de Flor ou Mínimo Común Múltiplo, impúxose aos outros dous finalistas, Abel Álvarez por Valdescuro e Martín Suárez por O Carballo, e recibiu como premio un diploma e unha recompensa de 2.500 euros.

Os guións presentados ao concurso tiñan como requisito básico “estar escritos en lingua galega” e “estar destinados a longametraxes de ficción”, así como contar cunha temática “libre, pero valorándose que a acción transcorra na Galiza”, tal e como estabelecían as bases.

Segundo os seus organizadores, foi creado “co obxectivo de potenciar a lingua galega no audiovisual, promover os autores que escriben en galego e axudar a difundir os traballos

Comentarios