O evento será presentado por Mercedes Queixas Zas, membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e secretaria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Toda aquela persoa que desexe acudir debe confirmar a súa asistencia no correo electrónico [email protected].
O acto fai parte do programa Poetas itinerantes, que repite localización logo do encontro entre poesía vasca e galega que tivo lugar na cidade compostelá durante a primavera do pasado ano. O proxecto, que organizou outro recital o 2 de novembro en Barcelona, está promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramón Llull e o Consello da Cultura Galega co fin de “tender pontes” cara a un futuro “intercultural e multilingüe”.