QUE FACER?

Play-Doc Tui, cinema galego e internacional toda a finde

Sempre hai cousas que facer na finde. A que vén ese ollar escéptico? Bótalle un ollo a isto se tal.

playdoc
photo_camera playdoc
  • Sexta feira

 

Concerto homenaxe a Ricardo Portela

Pontevedra

Teatro Principal

21.00h

Corcerto homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela polo 25 aniversario do seu pasamento, a cargo de Óscar Ibáñez e coa gala conducida por Ramón Pinheiro.

Soño dunha noite de verán

Carballo

Auditorio do Pazo da Cultura

21.00h

A última montaxe da compañía Voadora, a comedia máis popular de Shakespeare, chega aos Venres Culturais mexéndose entre o clásico e o contemporáneo. 

Caxade

24.03.2017

Allariz

Vinoteca A Micalla

Caxade será o encargado de poñer o peche de ouro na Verbena de clausura e de Benvida: ‘De cando nos atopamos...’, da XIII edición Xornadas de Igualdade. 

Presentación do libro ‘Máis aló do azul e do rosa’

San Sadurniño

Casa da Xuventude 

18.00h

Ana Torres Jack, a súa autora, estará falando da prevención dos comportamentos machistas no entorno da familia e ofrecendo estratexias para previlos. 

  • Sábado.

 

Cidade Verde

Santiago de Compostela

Cidade da Cultura

11.00h

Para achegarse á natureza coas crianzas dunha forma lúdica, con música, deporte e obradoiros ao aire libre cos que darlle a benvida á primavera, previa inscrición. 

Contos na lingua de signos

A Coruña

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

12.00h

Contacontos e historias divertidas para crianzas xordas interpretados tamén para nenas e nenos oíntes, de máis de tres anos. 

Danza da choiva

As Pontes de García Rodríguez

Auditorio Municipal Cine Alovi

18.00h

E se deixase de chover, que acontecería? Divertido espectáculo familiar de danza, música, poesía e monicreques, a cargo da compañía Elefante Elegante

  • Toda a finde

 

Play-Doc Tui

Tui

Teatro Municipal

Continúa o Festival Internacional de Documentais, unha aposta polo cinema galego e internacional máis actual. Dentro dos encontros programados para esta fin de semana destacamos a Masterclass a cargo de Dominic Gagnon, o sábado ás 11.00h; e o domingo, a partir das 16.30h, máis cinema galego coa proxección de Vai chover, La fuga de los 45 e Aysha

Comentarios