O desconcerto da Burla xa ten programa

Aínda quedan grupos e lugares sen confirmar mais, mesmo así, a Burla anuncia xa o programa do seu Desconcerto Expansivo que terá lugar o 1 de decembro con máis de trinta concertos e espectáculos por Galiza adiante. Rememoran a grande “expansión” cultural que se ergueu contra o atentado do Prestige hai agora dez anos.
Imaxe do concerto expansivo.
photo_camera Imaxe do concerto expansivo.

Maís de trinta locais abrirán as súas portas na noite do 1 de decembro para acoller concertos e expectáculos que toman parte do programa do “Desconcerto Expansivo” artellado pola Burla. Compostela tórnase en verdadeira capital da expansión musical con sete espectáculos simultaneos, mais a música deixarase oír en Boiro, Corrubedo ou a Illa de Arousa, entre outros moitos locais.

Como é fin de semana de cultura en Pontevedra, no programa do Culturgal tamén haberá espazo para a denuncia colectiva que virá, desta volta, da man de Os Quinquilláns, Os da Ría, e Os Irmandiños de O Incio. Case todos os concertos e espectáculos comearán por volta das dez da noite e conxugarán música e teatro, como no caso de Lugo que contarán con Carlos Blanco, Isabel Risco e Leo i Arrecajomena. O cartel máis amplo e variado terá lugar no Bar Caadores de Ferrol onde da par de intervencións do historiador Bernardo Maiz ou o filólogo Xosé Mª Dobarro haberá tempo para a Poesía Salvaxe ou a música de María Manuela.

A programación do Concerto Expansivo pódese consultar na páxina web da Burla.

Comentarios