A música do compositor Hugo Gómez-Chao estará na feira de arte contemporánez Arco

Gómez-Chao presentará Ungüentos: Restos, rotos e remedios, realizado en colaboración coa deseñadora Raquel Buj e o videógrafo Abel Jaramillo.
O compositor Hugo Gómez-Chao. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O compositor Hugo Gómez-Chao. (Foto: Nós Diario)

O compositor Hugo Gómez-Chao (A Coruña, 1995) foi seleccionado para participar na feira de arte contemporánea ARCO, que se celebra do 6 ao 10 de marzo en Madrid. En concreto, Gómez-Chao presentará Ungüentos: Restos, rotos e remedios, realizado en colaboración coa deseñadora Raquel Buj e o videógrafo Abel Jaramillo. Gómez-Chao é o encargado de poñer música ao proxecto, a partir de fragmentos das súas obras Recitativo e Aria (2021) e Libro delle immagini (2022/23), baseada nas Metamorfoses de Ovidio.

Este proxecto conxunto é froito da colaboración destes artistas, procedentes de diferentes disciplinas, todos eles residentes na Real Academia de España en Roma durante os anos 2022 e 2023. 

Festival Resis

Na súa cidade natal, Hugo Gómez-Chao -cuxa obra Schattenhaft vén de ser estreada en novembro de 2023 pola Real Filharmonía de Galiza baixo a dirección de Baldur Brönnimann- é o fundador e director artístico do Festival Resis de música contemporánea. A cita musical celebrará en 2024 a súa sétima edición, consolidándose como un referente da música contemporánea. 

Comentarios