CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

O mellor e o peor do cinema estreado en 2017

mellor_peor_2017

O MELLOR

1.- LA LA LAND. Clásico inmediato, obra mestra indiscutíbel.

2.- DHOGS. Non só traspasa a cuarta parede, senón que lle dá a volta. 

3.- ESTIU 1993. Filme catalá sobre infancias quebradas que ademais vai optar aos Premios Óscar 2018.

4.- BLADE RUNNER 2049. Continuar unha obra mestra non era tarefa doada, mais Villeneuve fixo un traballo máis que digno.

5-. A TARTARUGA VERMELLA. A primeira coprodución europea do Studio Ghibli fai albiscar que hai (moita) vida após da retirada de Miyazaki.

6.- ESQUECE MONELOS. Sorprendente documentario que fala da memoria individual e colectiva a través da memoria esquecida dun río que era, e xa non...

7.- CARTAS DA GUERRA. Narra a correspondencia mantida entre António Lobo Antunes e a súa namorada durante a guerra colonial portuguesa. Poesía feita imaxe.

8.- ANTÓNIO UM, DOIS, TRÊS. Insólita comedia brasileira rodada en Lisboa. Un dos mellores filmes proxectados no pasado Festival Novos Cinemas de Pontevedra.  

9.- DUNKERKE. A II Guerra Mundial vista desde dentro. Nolan dá un pasiño máis cara á excelencia do seu admirado Kubrick.

10.- PSICONAUTAS. Após arrasar en medio mundo, Pedro Rivero e Alberto Vázquez están preseleccionados para os Oscar™ 2018. Merecido.

-------------------------------

 O PEOR 

1.- A TORRE ESCURA. Nada. Puro baleiro. Unha das maiores decepcións de 2017. 

2.-A LIGA DA XUSTIZA. O Universo DC en caída libre .

3.- GARDIÁNS DA GALAXIA VOL.2. O Universo Marvel tampouco se salva...

4.- ANNABELLE: CREATION. Pouco que espremer xa do Universo dos Expedientes Warren.

5.- CINCUENTA SOMBRAS MÁIS ESCURAS. Unha secuela que, alén de facer un fraco favor na loita contra a violencia de xénero, é máis infumábel que a primeira.

6.- A MOMIA. O “Dark Universe” arredor dos monstros da mítica Hammer comeza mal, moi mal.

7.-A GRAN MURALLA. Un truñaco infumábel impropio de alguén coma Zhang Yimou. 

8.- REDENCIÓN. Jake Gyllenhaal inténtao con todas as súas forzas... mais non dá para máis que un telefilme de sábado pola tarde.

9.- A SEDUCIÓN. Sofia Coppola pérdese no camiño ao reinterpretar o filme realizado por Don Siegel en 1971. O erro monumental de casting tampouco axuda...

10.- REI ARTUR: A LENDA DE EXCALIBUR. Empacho de excesos visuais habituais de Guy Ritchie. Mágoa.