Os Diplomáticos levan os seus poetas preferidos á casa de Manuel María

A máis célebre das bandas bravú, Os Diplomáticos de Monte Alto, interpretarán algúns dos seus poemas preferidos na Casa museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Será este sábado, 17 de marzo, e baixo o título Poesía para cantar.
 

diplomáticos monte alto
photo_camera Os Diplomáticos de Monte Alto.

Textos de Teresa Ramiro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Rivas ou o propio Manuel María protagonizarán o repertorio dos Diplomáticos, catro días antes do Día Mundial da Poesía -estabelecido pola Unesco. “É unha sesión inédita de música e poesía, en que tampouco faltarán as cancións clásicas da banda coruñesa”, indican desde o museo de Manuel María.

As entradas para o concerto véndense a cinco euros e pódense reservar en [email protected] ou chamando ao 698 177 621.

Comentarios