Crítica de Cinema: Agora vesme, caída en picado

Un equipo da FBI enfrontase a un grupo de expertos en maxia, chamados “os catro xinetes”, que se dedican a atracar bancos e a homes de negocios corruptos para facer chover o diñeiro roubado entre o público asistente que os adora.

Título orixinal: Now You See Me
Ano: 2013
Duración: 115 min.
País: Estados Unidos
Director: Louis Leterrier
Guión: Boaz Yakin, Edward Ricourt
Música: Tom Rowlands, Ed Simons
Fotografía: Larry Fong
Reparto: Jesse Eisenberg, Dave Franco, Morgan Freeman, Mark Ruffalo, Isla Fisher, Mélanie Laurent, Woody Harrelson, Michael Caine

SINOPSE

Un equipo da FBI enfrontase a un grupo de expertos en maxia, chamados “os catro xinetes”, que se dedican a atracar bancos e a homes de negocios corruptos para facer chover o diñeiro roubado entre o público asistente que os adora.

CRÍTICA

O principio do filme promete. Unha presentación de personaxes interesante en plan recrutamento de superheroes da maxia e unha premisa moi atractiva: un truco de maxia no que se rouba un banco a miles de quilómetros. A partires dun primeiro truco bastante logrado a película tórnase nun cúmulo de idas e vidas cun guión que se colle con pinzas. Abuso constante do feixe de luz en plan destello que atravesa a pantalla dunha marxe á outra. Esta técnica é moi usada nos videoclips de última xeración e púxoa de moda J.J. Abrams no cinema. Úsase xa en demasía e sen sentido e faise moi pesado. Este efecto visual tivo o seu aquel no momento pero xa está demodé. Recordando o remake de “Desafío Total” ou “Trance” de Danny Boyle, nos que se usaba cada dous por tres, parece que se confirma a miña teoría de que canto máis feixe de luz, peor é a película.

 E nesta se abusa moito.

"A derradeira película do francés Louis Leterrier confirma a caída en picado dun director que prometía con “Danny the Dog” (2005) pero que acabou caendo nas implacables fauces de Hollywood"

 

A derradeira película do francés Louis Leterrier confirma a caída en picado dun director que prometía con “Danny the Dog” (2005) pero que acabou caendo nas implacables fauces de Hollywood. Produto sen personalidade de evasión pura e dura para espectadores que non teñan ganas de pensar demasiado. Vacuidade disfrazada de algo extremadamente pomposo que pretende ser sofisticado. Promete ó principio pero que non deixa de ser un truco barato. Tratar de levar trucos de maxia ó cinema non é sinxelo porque a maxia radica en crernos que se está producindo algo extraordinario. 

Pero desgraciadamente nesta película abúsase dos trucos de cámara e cinematográficos co cal fainos perder moi cedo a atención. Películas como “O truco final” (2006, Christopher Nolan) ou “O ilusionista” (2006, Neil Burger) souberon transmitir á gran pantalla o mundo da maxia e o ilusionismo pero a película de Leterrier fai augas por todas partes. Nin sequera o reparto de luxo logra salvala. A música é prepotente. A fotografía mediocre ó servizo da psicodelia que pretende envolver ó filme para disfrazar as súas carencias. O guión vai a golpes sen moito sentido, con momentos de vergoña allea para rematar no que pretende ser un final sorprendente, pero só consegue unha cara de estupor ante tamaño despropósito. En definitiva, é unha película para os que lles apeteza deixarse levar por trucos de maxia de todo a cen

Comentarios