Que facer?

O Convivio da Cultura Galega, o prato forte da finde

convivio
photo_camera Un aspecto do Convivio da Cultura Galega de 2016
  • Dende o 6 de xullo

Santiago de Compostela

Alén dos Xéneros:  Mostra sobre as prácticas feministas en Galiza comisariada por Anxela Caramés e producida polo Marco en colaboración co Auditorio de Galicia. A exposición permanecerá ata o mes de novembro.

  • Sexta feira

Rianxo 

Zona da Zanfona: Volve a Rianxo o encontro internacional arredor deste instrumento que, alén de cursos para  músicos, tamén acolle concertos abertos ao público.

Viveiro

​Resurrection Fest: Chega o maior festival musical galego, con bandas de talle mundial como Anthrax, Rammstein ou Sabaton.

  • Sábado 

Outeiro de Rei

Convivio da Cultura Galega:  Outeiro de Rei, vila natal de Manuel María, acollerá o sábado, 8 de xullo, o Convivio da Cultura Galega, que chega xa á súa cuarta edición. Trátase dunha xornada festiva, impulsada desde a Casa-Museo Manuel María canda a federación Galiza Cultura e a Asociación Solfa de Compostela, entendida como un punto de encontro aberto a todo o asociacionismo cultural de base que se move en Galiza.

Teo

Música na noite: Vixésima edición deste festival, desta volta dedicado ao pobo saharaui. Con Nao, Habelas Hainas, Os d'Abaixo e Familia Caamagno.

  • Toda a fin de semana

Carballo (Xardín Municipal)

Praza dos libros: Feira da creatividade cultural de Carballo. Con pregón de Manuel Rivas e múltiples actividades arredor do libro e non só.

Oia

Festival Costa dos Castros: Este festival de música e patrimonio acolle os concertos de Malvela, Tanxugueiras, Tra-lo Mosteiro, Na Rúa, A Fiada e outros.

Sabucedo

Rapasons: Programa musical paralelo á Rapa das Bestas, con Chotokoeu, Fanfarria Takikardia, Mónica de Nut, Festicultores e máis. Tamén os contos de Celso Sanmartín.

Comentarios