Concedidas ás axudas á tradución da Xunta, que tampouco este ano acepta as suxestións do sector

Unha das reivindicacións históricas do sector editorial é que se estabelezan axudas diferentes para a tradución e para a tradución inversa, é dicir, para a tradución doutras linguas ao galego e do galego a outras linguas
libros
photo_camera Rinoceronte encabeza a lista de editoriais cun maior número de axudas.

O Diario Oficial de Galiza daba a coñecer este 17 de outubro os beneficiarios das axudas da Consellaría de Cultura á tradución á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Rinoceronte encabeza a lista de editoriais cun maior número de axudas, obtendo 37.544 euros da convocatoria para a tradución de 14 títulos, entre os que se atopan Slaughterhouse-Five, de Kurt Vonnegut ou Rabbit Run, de John Updike.

A seguir, Small Stations Press consegue 25.066 euros para cinco proxectos que traducirá ao inglés, entre eles, Oito días sen Eva Cortés, de Sara Vila Alonso ou Ás de mosca para Anxo, de Fina Casalderrey. A terceira editorial máis beneficiada é Guiverny, que contará con que conta con 18.685 euros para outros cinco títulos: Sagas empresariais de Santiago, 40 anos da moda en Galicia, O cinema e os cines en Santiago, 100 anos do día de Galicia e Corazón florecido.

Os títulos que merecen maior orzamento (6.000 euros) son a mencionada Rabbit, run, de Rinoceronte; A carteira e Sibila, de Small Stations Press, e ATL, de Manuel Lourenzo González, que traducirá NK Projects S.C., unha empresa de Tenerife que posúe a editorial Fuerte Letra.

Tradución e tradución inversa

Unha das reivindicacións históricas do sector editorial é que se estabelezan axudas diferentes para a tradución e para a tradución inversa, é dicir, para a tradución doutras linguas ao galego e do galego a outras linguas, dúas realidades con condicionantes moi diferentes. Mais tampouco este ano a Consellaría aceptou as suxestións dos profesionais da edición mesturando ambos campos.

Comentarios