Carballo acolle esta fin de semana o certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas

gaita
photo_camera Unha gaita feita artesanalmente


De Vacas en concerto
Carballo
Pazo da Cultura
Sexta feira
21.00h

O cuarteto musical regresa coas versións de temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Imperdíbel!

XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas
Carballo 
Pazo da Cultura
Da sexta feira 16 de marzo á terza feira 27M. 
17.00-21.00h 

Coa finalidade de poñer en valor e difundir a artesanía de Galiza como un referente para todas as persoas artesás, o XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas organiza unha exposición coas obras gañadoras deste premio. A mostra recolle unha grande variedade de disciplinas e modalidades, con traballos de xoiaría, cerámica, cestaría, escultura ou costura.

Chanfainada en Igrexafeita
San Sadurniño
Local social da AVV Adiante
Sábado
11.00h

Festa degustación de chanfaina, un prato saboroso e contundente que é típico nas parroquias de Igrexafeita e Bardaos. 

Concerto do Coro da Orquestra Sinfónica de Galiza 

Pontevedra 
Teatro Principal
Sábado
20.30h

O Coro, baixo a dirección de Joan Company e con Ludmila Orlova ao piano, interpretará obras de Rutter, Durufé, Mendelssohn, Fajardo, Busto e Fauré.

Visitas guiadas da AC O Galo

Celanova 
Sábado
Todo o día

Primeiro introduciranse no pobo suevo a través da mostra Intemporesueborum, para logo percorrer Celanova: Pedra, Música e Poesía. 

III Feira do Disco e Libro Galegos
Monterroso
Diversos espazos 
Sábado

Obradoiros, actividades infantís en espazos integrados na feira, presentacións literarias e actuacións musicais... Unha xornada imperdíbel que amalgama música e literatura.

Aldaolado
Boiro 
A Pousada das Ánimas
Sábado
20.00h

“Cría fama e bótate a correr”, as poetas reinvéntanse e reflexionan sobre as virtudes e baixezas da fama após o seu paso polo Luar.

Festival Atlántica

Compostela/ Ferrol/ Lalín/ A Coruña/ Pazos de Borbén/ Ourense/ Teo
Até domingo

A VI edición do Festival internacional de narración oral Atlántica percorre distintas localidades coas mellores narracións de artistas nacionais, españois e internacionais. Este certame de narración oral conta cun total de seis días de programación para públicos infantís e adultos que se reparten por auditorios, teatros, escolas e rúas.

Comentarios