O BreaSon de Mondoñedo conta con Catuxa Salom e Fillas de Cassandra

A deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, participou na presentación do festival.
Presentación do festival en Lugo.
photo_camera Presentación do festival en Lugo.

A deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, participou esta sexta feira na presentación do BreaSon, que se celebra o 4 de novembro en Mondoñedo. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Asociación Cultural Xoldra na organización do festival, con actuacións de Catuxa Salom, Grande Osso, Fillas de Cassandra, Ruxe Ruxe, Los Rastreadores (Ortiga e Grande Amore) e The Skarnivals

Iria Castro expresou "o apoio da Vicepresidencia da Deputación a este festival, que conta co impulso da Asociación Cultural Xoldra e da mocidade mindoniense comprometida coa música e a cultura en galego". 

Os concertos celebraranse na Praza da Catedral, con entrada de balde. O programa comeza  cunha "sesión vermú" con Catuxa Salom e Grande Osso, acompañada dunha degustación de conservas e vermú e de xogos populares -desde as 12.30 horas- e continúa de tarde, co resto do concertos, a partir das 21.30 horas.  Durante a tarde, celebrarase un magosto popular. Habilitarase unha zona de "acampada interior" na área deportiva Viñas da Veiga.

Comentarios