The Skarnivals regresa con 'Latexos' e anuncia nova xira

A banda de ska punk The Skarnivals regresa aos escenarios despois de sete anos. 
A banda de ska punk The Skarnivals, nada en Bueu (O Morrazo). (Foto: Galunk Producións)
photo_camera A banda de ska punk The Skarnivals, nada en Bueu (O Morrazo). (Foto: Galunk Producións)

Sete anos despois do lanzamento do seu último traballo, onte volveu The Skarnivals, unha das grandes bandas de ska do país. Latexos, de Galunk Producións, é o nome dun disco cargado de "forza e enerxías renovadas" co que o grupo comeza unha nova etapa. Xunto co álbum publican tamén o último sinxelo de presentación, "Latexo", ambos os dous dispoñíbeis en todas as plataformas dixitais. 

O disco Latexos vén acompañado por unha xira galega que arrancan "na casa", o 4 de febreiro na sala Aturuxo de Bueu (O Morrazo). Outras datas confirmadas son A Coruña, o 11 de febreiro; Ourense, o 25 de marzo; e Santiago de Compostela, o 20 de maio.

Comentarios